Estás en:Novas

A Deputación e o Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública reúnense para analizar os avances do proxecto do plató virtual

Durante esta reunión os representantes da Deputación e do Ministerio analizaron pasos a dar na execución do proxecto Coruña Estudo Inmersivo (CEI), financiado a través de fondos doPlan de Recuperación Next Generation EU e fondos propios da Deputación

A Deputación e o Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública reúnense para analizar os avances do proxecto do plató virtual

A deputada de Industria e Emprego, Rosa Ana García, reuniuse con Francisco Javier García Vieira, director de Red Iris e Servicios Públicos Dixitales e María Rancaño, directora adxunta de Servicios Públicos para o seguimento do proxecto EDAGA, programa de axudas no ámbito da sociedade da información para a creación dun ecosistema dixital no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

A finalidade deste programa de axudas é facilitar o desenvolvemento de proxectos destinados a reforzar as infraestruturas do ecosistema dixital no sector audiovisual facilitando a creación, distribución e manexo da información e a tecnoloxía máis avanzada pola empresas do sector audiovisual, e apoiando a creación ou mellora de espazos para a innovación dotados con tecnoloxía avanzada que permitirán que as pemes do sector audiovisual poidan superar as súas barreiras dixitais e emprender os seus proxectos.

Con este proxecto, a entidade provincial quere impulsar o sector audiovisual galego, pola súa achega á economía, á identidade cultural galega e á proxección de Galicia e España no exterior, dotando tecnicamente un estudio virtual de última xeración de 750 m2, que o situará na vangarda internacional no dito ámbito, que permitirá potenciar o nivel competitivo das empresas do audiovisual galego e que servirá para atraer empresas e talento á rexión.
O proxecto trata de impulsar a creación dunha infraestrutura e a dotación do equipamento dixital necesario para converter a Galicia en xeral e á provincia da Coruña en particular nun polo audiovisual de referencia a nivel nacional, que debe marcar o presente e sobre todo o futuro da competitividade do sector audiovisual galego nos mercados internacionais.

No desenvolvemento deste proxecto, estase a contar coa tecnoloxía máis avanzada en produción audiovisual virtual para situar á provincia da Coruña como un polo de referencia neste eido, potenciando e mellorando a competividade das empresas galegas do sector.

A construción elevada sobre o terreo natural, medrando a súa altura cara a fachada sur, permite ventilar o forxado da planta baixa, reducir a humidade, a condensación e, ademais, xerar unha barreira contra o radón. Isto tamén posibilita crear unha planta de soto na parte sur sen necesidade de escavar.
Como eixo desta infraestrutura contase cun patio central que servirá como nexo de unión entre os dous bloques e en torno ao que se disporán dous espazos en forma de L vinculados ao plató virtual, no que se disporán os diferentes usos.

Deseño sustentable

Tendo en conta criterios de sustentabilidade, a fachada sur está protexida da radiación solar no verán, pero no inverno permiten que esta radiación incida sobre as carpinterias e axude a atemperar o interior.

Ademais,incídese no uso de cubertas vexetais coma estratexia de aproveitamento da ventilación natural, co uso de cubertas vexetais con Sedum, plantas autóctonas que non necesitan de mantemento e que permiten a recuperación de auga. implementando así un sistema de almacenamento e reciclaxe da auga da chuvia. Outro punto importante é o emprego de paneis fotovoltaicos que permitan satisfacer ata un 80% da demanda de electricidade dos edificios.

Tecnoloxía virtual de vangarda

Unha vez completadas as obras do edificio, procederase á instalación dos sistemas de pantallas LED, cunha pantalla semicircular de 28 metros de longo e é de alto e resolución 4K e a súa correspondente pantalla de teito móbil de máis de 100 metros cadrados, coa que se crearán fondos envolventes e dinámicos, dotados de perspectiva e profundidade. Este sistema de pantallas, que permite recrear con absoluto realismo e capacidade inmersiva calquera escenario real ou virtual, irá emprazado nun gran plató de 750 metros cadrados co que contará o novo edificio.

A combinación dos sistemas de escenografía virtual VR/AR/XR e pantallas LED coa que contará o plató virtual posibilitarán aos produtores de cine e televisión a creación de contornas virtuais altamente detallados e realistas que ofrezan unha experiencia inmersiva ao espectador e que posibiliten a creación de contido interactivo e de realidade aumentada de forma que os actores poidan interactuar cos elementos virtuais en tempo real.
Este proxecto suporá o posicionamento estratéxico de Galicia dentro do "Plan España, Hub audiovisual de Europa", dotado con máis de 1.600 millóns de euros de orzamento ata 2025, que vai destinado a transforman a ecosistema audiovisual do pais, impulsar a súa Internacionalización e competencia nos mercados internacionais.

 logo financiado union europea nextgenerationeu logo-gobierno-españa   logos Plan de Recuperacion

---