Estás en:Novas
SALA ARREDOR DOS LIBROS

Encontro dixital con Arantza Portabales

Na sala Arredor dos Libros dos clubs de lectura dixital estamos lendo "Deixe a súa mensaxe despois do sinal"

Encontro dixital con Arantza Portabales

Título: Deixe a súa mensaxe despois do sinal

Autora: Portabales Santomé, Arantza
As historias poden contarse de moitas formas. Mais poucas tan orixinais coma esta, abraiante, que nos propón Arantza Portabales neste segundo libro logo do éxito sen discusión da súa anterior novela, Sobrevivindo.Un mollo de voces que deixan mensaxes nun contestador. Historias de moitas almas que imos construíndo a medida que escoitamos o que se deixa nun aparello, frío, que, con todo, está cheo de vida, das vidas, ás que a autora fai brillar cun lume de palabras que non vai deixarnos indiferentes.

"Deixe a súa mensaxe despois do sinal" de Arantza Portabales. Encontro coa autora o martes 19 de marzo de 2024 ás 20:00h.

A través do eBiblioDaCoruna Club Lector ou  premendo aquí