Literatura alemá da primeira metade do século XX e claves da sociedade actual e do futuro
Desde a Biblioteca Provincial convidámosvos a asistir, o mércores 3 de abril ás 19:30 h., á conferencia "Literatura alemá da primeira metade do século XX e claves da sociedade actual e do futuro", impartida polo catedrático da USC Santiago González-Varas e presentada por José María Paz Gago. Entrada libre ata completar a capacidade
Nesta conferencia, que se vai realizar o mércores 3 de abril ás 19:30 h. na Sala Manuel López (Soto da Biblioteca Provincial), faise un primeiro repaso da literatura alemá principal do século XX (Thomas Mann, Hermann Hesse, Franz Kafka, Bruno Schulz...). Santiago González-Varas pretende demostrar que nesta literatura das primeiras décadas do século XX, non soamente están as claves que explican a sociedade do presente, senón tamén as claves para a ordenación social do futuro. Estas ideas sobre o Estado de Cultura, principalmente presentes en Thomas Mann, quedaron sen desenvolver por mor da Segunda Guerra Mundial, existe a posibilidade da Cultura como nova pauta de ordenación social?
Santiago González-Varas é escritor e Catedrático de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, escribiu centos de artigos, impartiu conferencias por distintos países e impulsou coa súa doutrina reformas de leis importantes. A súa obra literaria abarca tanto temas xurídicos como puramente literarios. É Doutor Honoris Causa pola Universidade Nacional de Córdoba (Arxentina)