Uxía Blanco
#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras
Uxía Blanco
María Eugenia Dolores Blanco Iglesias, máis coñedica como Uxía Blanco, nada en Loxo, Touro, é unha actriz e presentadora galega, licenciada en Xeografía e Historia.
Comezou sendo actriz de teatro nos 70, dando o salto á gran pantalla na década de 1980. Protagonizou a primeira longametraxe en lingua galega, Sempre Xonxa de Chano Piñeiro. Logo virían outras películas, como Huidos (1993) de Sancho Gracia, Contar (1994) de Manuel Abad ou A lingua das bolboretas (1999), adaptación ao cinema da man de José Luis Cuerda dun relato da obra de Manuel Rivas, Que me queres, amor?. Participou en Luar como presentadora e levou o programa de actualidade cinematográfica da Televisión de Galicia, DeZine desde 1997. Tamén presentou As viaxeiras da Lúa.
Filmografía
Filmes
- Sempre Xonxa (1989), de Chano Piñeiro. Como Xonxa. [791 SEM (ñ)]
- Huidos (1993), de Sancho Gracia. Como María.
- Contar (1994), de Manuel Abad. Como Muller.
- Hermana, pero ¿qué has hecho? (1995), de Pedro Masó.
- A lingua das bolboretas (1999), de José Luis Cuerda. Como Rosa. [791 LIN (ñ) e 791 LEN (ñ)]
- Tierra del Fuego (2000), de Miguel Littin. Como Madre Silveira.
- Dagon (2001), de Stuart Gordon. Como Nai de Ezequiel.
- Joc de mentides (2003) (TV), de Lluís Zayas.
- A velocidade funda o esquecemento (2005), de Marcelo Schapces.
- Mis estimadas víctimas (2005) (TV), de Pedro Costa. Como Carmen.
- Somne (2005), de Isidro Ortiz. Como María Ruiz.
- A Atlántida (2005) (TV), de Belén Macías. Como Asunción Mihura.
- Hotel Tívoli (2006), de Antón Reixa. Como Mabel.
- Contar de memoria (2006), de Marcelo Schapces.
Curtametraxes
- Atlántico Express (1995), de Alber Ponte. Como Filla.
- Lorca, Santiago y seis poemas gallegos (1999), de Alber Ponte.
- Alzheimer (2000), de Álex Sampayo. Como Comisaria Europea.
- Galáctea: A conquista da via láctea (2001), de Cora Peña.
Televisión
- Mareas vivas (1998). Como Helena. Televisión de Galicia.
- Cuéntame cómo pasó (2001). Como Esperanza. La 1 de Televisión Española.
- Manolito Gafotas (2004). Como Sita Espe. Antena 3.
- Serramoura (2014-) (Televisión de Galicia). Como Teresa.
Presentadora
- Luar (1992). Colaboración. Televisión de Galicia.
- Dezine (1998). Televisión de Galicia.
Teatro
- Ollares de perfil (Teatro libre do Brasil)
- The Days Before.
Galardóns e nomeamentos
- Premio Zarauz do público por Sempre Xonxa.
- Premio Agapi á mellor interpretación feminina pol' A lingua das bolboretas.
- Premio Agapi ó mellor programa de Televisión de Galicia por Dezine.
- Premios Mestre Mateo
- 2002 Mellor comunicador de televisión Dezine Nomeada
A protagonista nas redes
- https://culturagalega.gal/avg/persoas_detalle.php?Cod_prsa=26&nome=uxia%20blanco
- https://www.facebook.com/profile.php?id=100067712313862
- https://twitter.com/BlancoUxia
- https://www.instagram.com/uxia.blanco_actriz/