Estás en:Novas

Mar García destaca o compromiso da Deputación coas persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual

A deputada de Política Social asistiu no día de onte en Santiago ao acto en conmemoración do Día do Síndrome de Down e á entrega dos premios IX Down Compostela


Este evento busca recoñecer o compromiso das entidades coas persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual a través de accións de inclusión sociolaboral, sensibilización e emprendemento

Mar García destaca o compromiso da Deputación coas persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual

A deputada de Política Social, Mar García Vidal, asistiu no día de onte en Santiago ao acto en conmemoración do Día do Síndrome de Down e á entrega dos premios IX Down Compostela.

A través deste evento búscase recoñecer o compromiso das entidades coas persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual a través de accións de inclusión sociolaboral, sensibilización e emprendemento.

Mar García agradeceu "o traballo de todas as entidades e asociacións que realizan un traballo a diario facilitando a vida de moitas familias".

A deputada provincial subliñou tamén "o compromiso por parte da Deputación á hora de eliminar barreiras e a crear políticas de inclusión social en favor da igualdade".

Este compromiso maniféstase a través das distintas colaboracións con entidades, como a achega de 22.500 euros a Down Galicia para apoiar o proxecto "Emprego con apoio a persoas con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual na Coruña".

Grazas a esta axuda puideron desenvolverse diversas actuacións no ámbito da inserción laboral na empresa ordinaria, que beneficiaron a un total de 97 persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. Así mesmo, un total de 19 persoas realizaron unha formación práctica en empresas e 67 estiveron contratadas.