Día das Artes galegas 2024
Francisco Asorey, un dos máis grandes artistas plásticos galegos, natural de Cambados, é o homenaxeado este ano polo Día das Artes Galegas, impulsado pola Real Academia Galega de Belas Artes. Está recoñecido como o maior innovador da escultura española de principios do século XX, e o seu legado segue a ser fundamental hoxe en día.
Na Biblioteca pódense atopar varias obras sobre o escultor asinadas por Ramón Otero Túñez, catedrático de Historia da Arte e amigo do artista, ao que dedicou boa parte dos seus estudos poñéndoo en relación coa arte románica e as esculturas da Catedral de Santiago, outro dos seus obxectos de estudo ao que dedicou boa parte da súa vida.
Entre os títulos conservados destacamos precisamente "El Arte románico y el escultor Asorey", cunha dedicatoria autógrafa do profesor a José Mosquera, cuxo fondo conservamos tamén na Biblioteca.
Animámosvos a que vos acheguedes ao coñecemento deste escultor, do cal podedes atopar obras públicas dentro da nosa provincia na Coruña, Santiago, Ordes ou Rianxo, entre outras.
Preparamos este vídeo para unirnos ás celebración deste día: DiaDasArtesGalegas2024.mp4