Estás en:Novas

FHN: probas de acceso ás Subescalas de Intervención-Tesourería e Secretaría, categoría superior (promoción interna)

MINISTERIO PARA A TRANSFORMACIÓN DIXITAL
E DA FUNCIÓN PÚBLICA

Orde TDF/288/2024, do 18 de marzo, pola que se convocan probas selectivas para o acceso, polo sistema de promoción interna, á Subescala de Intervención-Tesourería, categoría Superior, da Escala de funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional.

Convócanse probas selectivas para cubrir 144 prazas polo sistema de promoción interna de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, Subescala de Intervención-Tesourería, categoría superior, correspondentes a:
- 44 prazas correspondentes á oferta de emprego público para o ano 2022, non cubertas na execución da súa respectiva convocatoria (Orde HFP/1332/2022, do 23 de decembro).
- 100 prazas correspondentes á oferta de emprego público para o ano 2023.
- 87 prazas para prover por proba de aptitude e 57 prazas para prover por concurso de méritos.

Orde TDF/289/2024, do 18 de marzo, pola que se convocan probas selectivas para o acceso, polo sistema de promoción interna, á Subescala de Secretaría, categoría Superior, da Escala de funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional.
Convócanse probas selectivas para cubrir trinta prazas polo sistema de promoción interna de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, subescala de Secretaría, categoría superior, correspondentes á Oferta de Emprego Público para o ano 2023.
- Dezaoito prazas para prover por proba de aptitude e doce prazas para prover por concurso de méritos.