Estás en:Novas

Reunión do xurado do II Premio ‘Xoán Vicente Viqueira’ de investigación en ciencias sociais, humanidades, sustentabilidade e innovación

A resolución do xurado darase a coñecer nos vindeiros días

O premio conta con tres categorías diferentes, dotadas con 6.500 euros cada unha

Reunión do xurado do II Premio ‘Xoán Vicente Viqueira’ de investigación en ciencias sociais, humanidades, sustentabilidade e innovación

A Deputación da Coruña acolleu hoxe a reunión do xurado do Premio 'Xoán Vicente Viqueira', de investigación en ciencias sociais, humanidades, sustentabilidade e innovación.

O xurado desta edición está presidido pola deputada de Educación, Yoya Neira, e integrado por Jorge Sobral Fernández, Cristina García Fontán, María Pilar Vieiro Iglesias, Ricardo García Mira e Marta Fernández Prieto.

A deputada de Educación, Yoya Neira, salientou "a aposta da Deputación por dar continuidade a este certame, que ademais de recoñecer o valor da investigación científica nun eido tan importante como o das ciencias e as humanidades pon en valor a figura de Viqueira no desenvolvemento do pensamento filosófico e o progreso da educación en Galicia".

As bases, que foron realizadas conxuntamente co Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial Xoán Vicente Viqueira grazas á mediación do Concello de Bergondo, municipio onde residía o escritor

O obxectivo deste certame é o de recoñecer a actividade de investigación e innovación levada a cabo por persoas ou entidades que teñan destacado no ámbito das ciencias sociais e humanidades.

Establécense tres premios, dotados de 6.500 euros cada un deles, para cada unha das seguintes modalidades, sempre nos ámbitos das ciencias sociais, as humanidades, a sustentabilidade e a innovación social: á traxectoria de vida ao longo dos últimos 30 anos, á innovación científica e á calidade dun traballo de investigación realizado por unha persoa investigadora nova.

A resolución do xurado darase a coñecer nun acto público nos vindeiros días.