Formoso visita o posto da Deputación no Galicia Fórum Gastronómico
![Formoso visita o posto da Deputación no Galicia Fórum Gastronómico](/files/cache/7ffd5060be9e0f67356244b7c6f04dd3_f64510.jpg)
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou hoxe no recinto feiral de ExpoCoruña o Fórum Gastronómico, que conta co apoio da institución provincial.
O presidente visitou o posto da Deputación, que durante os tres días de duración do Fórum acolle unha intensa programación de actividades culinarias como showcookings, presentacións, degustacións e catas de viños e vermús da man de numerosos produtores locais e recoñecidos chefs, cociñeiros e cociñeiras da provincia.
Formoso destacou "a excepcional calidade dos produtos locais que fan da gastronomía coruñesa e galega unha referencia nacional e internacional, xunto co bo facer das nosas e os nosos cociñeiros" e destacou que o Fórum Gastronómico é un "escenario ideal para divulgar as excelencias da nosa gastronomía".
Ata o martes, no posto da Deputación da Coruña, produtores e restaurantes de toda a provincia mostrarán ao público e os profesionais da hostalaría o mellor da gastronomía da provincia.