Estás en:Novas

A alcaldesa de Santo Domingo realiza unha visita institucional á Deputación da Coruña

A alcaldesa de Santo Domingo realiza unha visita institucional á Deputación da Coruña

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu esta tarde na sede da institución provincial á alcaldesa do Distrito Nacional de Santo Domingo, Carolina Mejía, no marco da rolda de visitas institucionais que está realizando en España a mandataria da capital da República Dominicana.

Durante o encontro, no que tamén participou o cónsul honorario da República Dominicana na Coruña, Emilio Vicente Pérez, abordaron os lazos que unen ao país caribeño con España e Galicia e a situación da comunidade galega no país, así como a historia bicentenaria da Deputación e as funcións que desenvolve a Deputación para apoiar aos 93 municipios da provincia.