Estás en:Novas

O presidente da Deputación asiste á toma de posesión do fiscal xefe provincial

O presidente da Deputación asiste á toma de posesión do fiscal xefe provincial

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asistiu hoxe na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ao acto de toma de posesión do novo fiscal xefe provincial, Miguel Armenteros León.

No acto interviñeron o fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, e o presidente do TSXG, José María Gómez y Díaz-Castroverde.

No longo currículo Armenteros León, figuran distincións como a medalla Concepción Arenal, concedida pola Asociación penal de Lugo. Ademais, entre os anos 2005 e 2007 estivo designado como membro do Grupo Operativo M.E.NA de Pontevedra. Armenteros exerceu como Fiscal de protección de menores para a provincia de Pontevedra. E, entre outros moitos labores, desde o ano 2007 e tamén foi Fiscal delegado de Estranxeiría da Fiscalía Provincial da Coruña e Fiscal Xefe da área de Ferrol.