9 de maio, Día de Europa
Celebra connosco o Día de Europa
Para celebrar o Día de Europa, traémosche os mellores libros europeos, gañadores do Premio de Literatura da Unión Europea e un concurso moi especial
O Día de Europa ten lugar cada 9 de maio. Neste día celebramos a paz e a unidade en Europa. Esta data marca o aniversario da coñecida Declaración Schuman, na que este expuxo a súa idea dunha nova forma de cooperación política en Europa, que faría inconcebible a guerra entre nacións europeas.
Conmemoramos o día con estas actividades en colaboración co Centro de Información Europe Direct A Coruña:
- Carrusel con libros galardoados co Premio de Literatura da Unión Europea, dispoñible na eBiblioDaCoruna. Entre as persoas que leven libros prestados deste carrusel entre o 6 e o 12 de maio sortearemos 3 lotes de produtos promocionais proporcionados por Europe Direct A Coruña.
- Recuncho temático con literatura da Unión Europea no 1º andar de préstamo de persoas adultas. Entre as persoas que leven libros prestados deste recuncho entre o 6 e o 12 de maio sortearemos 3 lotes de produtos promocionais proporcionados por Europe Direct A Coruña.
- Recuncho temático nas seccións de BBTK/Infantil e Xuvenil con libros sobre diferentes países de Europa e temática europea.