Estás en:Novas

Máis de 700 persoas participaron no Encontro dos Maiores de Negreira

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, participou no cantar xunto co alcalde, Manuel Ángel Leis, e a deputada e concelleira de Política Social, Mar García Vidal 

Máis de 700 persoas participaron no Encontro dos Maiores de Negreira

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou hoxe xunto ao alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, e a deputada e concelleira de Política Social, Mar García Vidal, no Encontro dos Maiores da localidade, unha gran cita anual que se celebra desde hai 27 anos e que nesta edición congregou a máis de 700 persoas maiores do municipio para gozar dunha xornada lúdica e festiva.

O alcalde destacou que o éxito da convocatoria fará que as vindeiras edicións se celebren no polideportivo da localidade, en lugar de no tradicional campo da festa, mentres que Formoso agradeceu o traballo das xeracións que nos precederon para construír unha sociedade mellor.