Estíbaliz Espinosa
Estíbaliz Espinosa
Estíbaliz Espinosa Río, nada na Coruña, é unha poeta, ensaísta, tradutora, cantante e comunicadora de ciencia galega. Licenciouse pola Universidade da Coruña en Socioloxía e en Filoloxía Hispánica.
O seu primeiro poemario en galego é Mecánica Zeleste. Participa en revistas de ámbito nacional e internacional, como Dorna, Grial, Strange Horizons ou Luzes. Na rede foi escritora de varios blogs ...mmmm... [...], abra la cápsula, por favor. e sagasomos. Gravou audiopoemas (Instituto Cervantes de Nova York, El Gaviero, 2005), audiolibros propios e podcasts.
Pioneira na dirección de iniciativas de poesía, ciencia e música en galego como O entrelazamento, A ciencia do poema, As curiosas: son de letras+ciencias, Curiosas na Lúa (Deputación da Coruña, 2019), Escrita no ceo (Planetario de A Coruña, 2014), Porto ciencia/Porto poema (2023) ou Novembro Estelar (2021, 2022).
É unha voz convidada a numerosos festivais literarios nacionais e internacionais (Cosmopoética, Gales, La Mediterrània) e científicos (Naukas Coruña, A fotografía 51). Codirixiu e presentou Ulalume, un programa literario na radio independente Cuac FM (1996-2001).
Traballou como actriz en varias obras de teatro e ópera (Peter Pan, O club da calceta, Don Giovanni, Evgeni Onegin, Turandot). É cantante profesional, tesitura de mezzosoprano. Cantou no coro da Orquestra Sinfónica de Galicia e Aisis e desenvolve traballo profesional como solista de jazz, música galega e canto lírico.
Traballou no proxecto de poesía en planetarios Urban Travel Machines, coordinado por Philip Meersman, en Antuerpen, Bruxelas e A Coruña.
Na súa poética hibrida ciencia, filosofía e música, cun estilo literario perspicaz e moi recoñecible que combina a reflexión anovadora, o pensamento crítico e unha retranca ou ironía características da tradición literaria galega.
Está recoñecida como unha das voces máis potentes e singulares da literatura galega actual por críticos e xornalistas literarios como Mario Regueira, Montse Dopico, César Lorenzo ou Ramón Nicolás.
Obra
Poesía
- Mecánica zeleste (1999).
- Pan (libro de ler e desler) (Sociedad de Cultura Valle-Inclán, 2000). [GAL/8821]
- -orama (Deputación de Pontevedra, colección Tambo, 2002).
- Número e (Espiral Maior, 2004). [GAL/11212]
- Zoommm. Textos biónicos (Xerais, 2009). [GAL/14483]
- Curiosidade (Aira Editorial, 2017). Ilustrado por Celsius Pictor. [GAL P 1]
- ...as neuronas irmás... (XV Premio de Poesía Afundación-Pen Clube, 2018) [GAL P 12]
- Constelación Maruja que muta noutras (Galicia Futura, Cidade da Cultura, 2021). Ilustrado por Miguel Robledo
Ensaio
- Curiosas na Lúa (Deputación provincial da Coruña e A Curiosa, 2020)
- Poesía hexágono (Apiario Editorial, 2014)
Relato
- Cápsulas de son. 13 relatos sobre científicas (iBooks, 2015).
Tradución
- A illa curiosa e a tradución do universo, VV AA (Col. Cíes, Deputación provincial de Pontevedra, 2016)
- Cómo escribir una canción de amor, de Sholeh Wolpé (Olifante, 2016)
- O universo de Dona Pega, de Juan Carlos Medal, Jaítos (7emilias e Concello da Coruña, 2022)
- Un compromiso co asombro, de Rebecca Elson (Galaxia Editorial, 2023)
Con outras artes
- Vídeopoema Neuronas a ceo aberto (Galicia Futura, Cidade da Cultura, 2021), realizado por Lucía Estévez
- Audiolibro Constelación Maruja da plaquette poética sobre Maruja Mallo (Cidade da Cultura, 2021)
- Vídeopoema río invisible. Vía Láctea Dirixido por Juan Lesta
- Vídeopoema No xardín nocturno de Antonia Dirixido por Juan Lesta
- Gustav Henningsen. O danés curioso en Ordes (aCentral Folque, 2018) Libro de fotografía
- Calendario de Ceos Galegos Astrofotografía 2021, 2022, 2023, 2024
Literatura infanto-xuvenil
- Caer de cu polo universo (Apiario, 2015).
- Abominables adorables (7emilias e Concello da Coruña, 2022; reeditado por Baía Edicións, 2023)
- Canto Cosmos (Edicións Embora, 2024). Ilustrado por Clara Cerviño.
Obra en castelán
- Papel a punto de (2011). El Gaviero. [GAL/749]
- Ana la Gaviera (2014). El Gaviero.
Traducións
- Sprachbuch (2003). Ernst Klett Sprachen.[En alemán]
- Supernatural Tongue (2016). Tradución ao inglés de Lawrence Schimel. Strange Horizons. [En inglés]
- L'Europa dei giovanni (2007). CLEUP/Universidade de Padua. [En italiano]
Premios
- Premio Esquío de poesía (1999), por Pan (libro de ler e desler).
- Premio de poesía Díaz Jácome (2001), por -orama.
- Premio Espiral Maior (2001), por número e.
- Premio de Poesía Serie B da Semana Negra de Gijón (2011).
- 1º Premio de Podcasts Poético-Artísticos do Concello de Tarragona (2006).
- XV Premio de poesía Afundación (2017), por As neuronas irmás.
- XLV Premio Modesto Rodríguez Figueiredo (2020), por 23 xeitos de inventar unha constelación.
- Premio de Ideas Luísa Villalta (2019), por Curiosas na lúa: cultura científica con pegada e voz de muller.
- Premio Alfredo Iglesias en Teo (2023).
A Autora nas Redes
- Páxina web da autora: https://estibalizespinosa.com/
- Ficha na AELG: https://www.aelg.gal/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor211
- Dialnet: https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=2400718&lang=GLG
- Perfil en Twitter: https://twitter.com/EstibalizEs
- Perfil en Instagram: https://www.instagram.com/estibaliz.espinosa/
- Perfil en Facebook: https://www.facebook.com/estibalizespinosacienciapoesia/?locale=es_ES