Estás en:Novas

Día das Letras Galegas 2024

Celebramos o día máis importante das nosas letras, este ano dedicado a Luísa Villalta

Día das Letras Galegas 2024

Desde a Biblioteca preparamos a seguinte programación para celebrar as nosas letras:

eBiblioDaCoruna Club Lector

13 de maio
Comeza a lectura de "Pensar é escuro", de Luísa Villalta, no club virtual eBiblioDaCoruna. É accesible 24 horas e de balde, para calquera persoa de calquera biblioteca da provincia da Coruña

Visita guiada

16 de maio - 12:00 h.
Coñece os tesouros máis destacados da Biblioteca relacionados coa nosa terra. Anótate enviando nome e apelidos, un teléfono e un enderezo electrónico de contacto no 981 080 176 ou en biblioteca.info@dacoruna.gal

Aquí tamén se le galego!

13 ao 17 de maio
Leva en préstamo un libro en galego da nosa selección e déixate sorprender! Tamén na EbiblioDaCoruna!

Celebramos a Luísa Villalta

Publicamos unha guía na web da biblioteca cos libros que temos da autora homenaxeada

Obradoiro do Día das Letras Galegas

24 de maio
Os máis novos e novas poden gozar do noso taller de manualidades con Ángeles Galán
• Prazas: 12
• Idade: de 4 a 8 anos
• Data: venres, 24 de maio
• Horario: de 18:00 a 19:30 h.
• No vestíbulo da biblioteca
Reserva de praza (1 nen@ agás irmáns) a partir do 21 de maio chama ao teléfono 981 080 174 en horario de 16:00 a 20:00 h.
Cada nen@ estará acompañado de 1 persoa adulta