Estás en:Novas
30 aniversario da Biblioteca Provincial na sede actual

A Biblioteca da Deputación da Coruña cumpre 30 anos en Riego de Agua

O 20 de maio de 1994 a Biblioteca Provincial abría as súas portas na sede actual converténdose nun referente na provincia.

A Biblioteca da Deputación da Coruña cumpre 30 anos en Riego de Agua

Nos paneis da biblioteca podedes ver un pequeno percorrido polas novas da prensa dese día e  algúns dos comentarios que os lectores foron deixando a modo de reseñas nos nosos perfís sociais.

Tamén podedes ver algunhas infografías que compartimos nas nosas redes sociais sobre cousas curiosas da Biblioteca Provincial: 

    • Sabías que .... tal día coma hoxe, hai 30 anos, o 20 de maio de 1994, a Biblioteca Provincial mudou de localización para instalarse na actual sede de Riego de Agua.
    • Sabías que.... a Biblioteca Provincial pasou dos 74.000 exemplares hai 30 anos, aos máis de 200.000 cos que conta actualmente, facendo da súa colección a máis importante da cidade.
    • Sabías que... a inauguración da biblioteca reuníu a un gran número de personalidades galegas, entre as que se encontraban, Domingo García-Sabell, Máximo de Miguel Page, Francisco Vázquez, José Luís Meilán Gil, Filgueira Valverde, Isaac Díaz Pardo, Eugenio Granell, Torrente Ballester, as viúvas de Luís Seoane e Rafael Dieste, María Victoria Fernández-España, Felipe Fernández Armesto e Santiago Rey Femández-Latorre.
    • Sabías que... A Biblioteca provincial abriu a primeira fonoteca pública de Galicia que contaba con 14 postos e 8 cabinas para consultar o amplo fondo musical e audiovisual.
    • Sabías que... En 1994, había que presentar un aval ao facerse socio/a da biblioteca para responder en caso de extravío ou perda dalgún material prestado.
    • Sabías que... A Biblioteca Provincial inaugurou co cambio de sede, a primeira Bebeteca de Galicia, sendo a cuarta de España en ofrecer este servizo.

E hoxe algúns deses lectores dalquel 20 de maio quixeron acompañarnos para lembrar ese día. GRAZAS!!

E para festexar este día creamos unha historia con libros que agardamos que vos guste!


#sabiasque #bibliotecas #acoruña #bibliotecaprovincial