Estás en:Novas

Mar García destaca na inauguración do XXXIV Congreso da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría as 400.000 horas do SAF financiadas ao ano pola Deputación da Coruña

A deputada de Política Social explicou que esta iniciativa, que supón un investimento anual de 8 millóns de euros, é "unha prioridade" nun territorio envellecido e de ampla dispersión xeográfica

A maiores, a institución provincial acompaña a máis de 4.000 maiores co seu servizo de teleasistencia, que funciona as 24 horas do día durante os 365 días do ano

"A vellez non é unha carga, senón unha fonte de inspiración. Por iso a Deputación da Coruña estará apoiando sempre", apuntou García

Mar García destaca na inauguración do XXXIV Congreso da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría as 400.000 horas do SAF financiadas ao ano pola Deputación da Coruña

A deputada de Política Social, Mar García, destacou no XXXIV Congreso da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatrías as 400.000 horas do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) financiadas ao ano pola Deputación da Coruña. Durante a súa intervención na apertura do evento celebrado na Cidade da Cultura de Santiago, García destacou que este investimento de 8 millóns de euros é "unha prioridade" nun territorio envellecido e de ampla dispersión xeográfica.

Para a responsable provincial da área de Política Social, "as persoas maiores ocupan un lugar primordial" dentro das prioridades da Deputación, xa que "é fundamental" traballar en políticas para frear a despoboación no ámbito e potenciar iniciativas co obxectivo de "mellorar a participación social das persoas maiores e mellorar a súa calidade de vida".

Neste sentido, a deputada lembrou que a Deputación acompaña a máis de 4.000 persoas maiores cun servizo de teleasistencia que funciona as 24 horas do día durante os 365 días do ano. Este servizo funciona en concellos con menos de 75.000 residentes de xeito gratuíto.

A esta iniciativa se lle suman programas de envellecemento activo ou contra a soidade non desexada, que buscan detectar e frear o deterioro cognitivo e evitar o illamento. " "A vellez non é unha carga, senón unha fonte de inspiración. Por iso a Deputación da Coruña estará apoiando sempre", finalizou García