Patricia Torrado Queiruga
#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras
Patricia Torrado Queiruga, nada en Baroña (Porto do Son), é unha escritora, xornalista, museóloga e ilustradora galega.
Licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Museoloxía e Museos na Universidade de Alcalá, experta en conservación e restauración do patrimonio a mais de activista cultural. Editora en Toxosoutos do 2016 a 2019.
Colabora en La Voz de Galicia e Nós Diario. En 2020 gañou o Certame Manuel Murguía de narracións breves co relato Silencios náufragos. En decembro de 2020 obtivo o primeiro premio no III Certame de Poesía Torre de Caldaloba coa obra Herdar a fala.
"Soñou dende pequena vivir entre libros, tintas, pinceis, trementina e acuarelas. Non hai nada como facer os soños realidade". (A autora)
Obra
Don Carlos e o misterio dos lucecús (Baía Ed., 2021). [N TOR don / v]
Bolboretario do confinamento (2022)
Ouveos fractais (2024)
Obra colectiva
Irmás : oito diálogos contra a desmemoria (Alvarellos editora,2023). [GAL P 73]
A garza en chamas (Alvarellos editora, 2021)
Premios
Segundo premio de microrrelatos Semana sen fronteiras do Casino 1889 de Carballo en 2018
Primeiro premio (adultos) do Certame de Microrrelatos do día do libro de Vilalba, 2019 con Da estirpe ágrafa.
Primeiro premio Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2020, por Silencios náufragos.
Accésit no XXV Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López, 2020 co relato Roxanne.
Segundo premio (adultos) do Certame de Microrrelatos do Día do Libro de Vilalba, 2020 con Confin(arte).
Primeiro Premio do III Certame de poesía Torre de Caldaloba, 2020, con Herdar a fala.
A autora nas redes
Ficha na AELG: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/patricia-torrado-queiruga
Facebook: https://www.facebook.com/patricia.torradoqueiruga/?locale=gl_ES
Instagram: https://www.instagram.com/pattytorrado
CulturaliaGZ: http://culturaliagz.com/author/patricia-torrado-queiruga
La Voz de Galicia [entrevista]: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/porto-do-son/2021/08/04/pluma-surge-porto-do-invitar-ninos-reflexionarpuesta-largo-planes-futuro/0003_202108B4C8995.htm
Diario de Arousa [artigo]: https://www.diariodearousa.com/articulo/o-barbanza/patricia-torrado-queiruga-presento-ribeira-poemario-ouveos-fractais-concurrido-centro-lustres-rivas-4828900
RTVG [Entrevista]: https://www.g24.gal/-/-patricia-torrado-queiruga-