A Deputación apoia con 472.500 euros o mantemento de conservatorios e escolas de música en 30 municipios da provincia
O Goberno de Valentín Formoso incrementa un 25% este programa respecto ao ano pasado, con achegas de 12.500 euros para as escolas de música e 25.000 para os conservatorios
Formoso subliña na súa visita á Escola Municipal de Música de Carnota a aposta da Deputación "por facer accesible a formación cultural a todos municipios de toda a provincia, máis alá das cidades"
![A Deputación apoia con 472.500 euros o mantemento de conservatorios e escolas de música en 30 municipios da provincia](/files/cache/0be44ca9978ed167984448e7bf19d128_f65616.jpg)
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, acompañado do alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, visitou hoxe as instalacións da Escola Municipal de Música da localidade (ESMU), onde destacou que a institución provincial incrementa este ano nun 25% o orzamento das axudas para os trinta conservatorios e escolas de música e danza municipais da provincia, que pasan de 380.000 euros a 472.500 euros anuais.
Formoso subliñou en Carnota a importancia destas subvencións "coas que queremos dar apoio á formación artística nas diferentes escolas e conservatorios da provincia, nos que sabemos que hai moito talento que necesita ter ao seu alcance os medios para poder medrar e desenvolverse".
"Seguimos así coa nosa filosofía de facer accesible a formación cultural máis alá das grandes cidades e das áreas urbanas, permitindo que pequenos e medianos concellos poidan ofrecer tamén estes servizos", sinalou o presidente, que destacou o elevado número de alumnos cos que conta a Escola de Música de Carnota: "Na ESMU fórmanse este curso 208 alumnos e alumnas de toda a comarca, con ata 16 especialidades e instrumentos distintos, unhas cifras que evidencian a importancia e a necesidade destas axudas da Deputación".
O alcalde,Juan Manuel Saborido, destacou a "contribución fundamental da Deputación" para manter centros como a ESMU, que permite que máis de 200 alumnos e alumnas de Carnota e outros municipios da zona accedan a unha formación musical de calidade, grazas tamén a un excelente cadro de persoal docente, conformada por cinco profesores e profesoras que forman á rapazada en linguaxe musical, guitarra, piano, percusión, música tradicional, gaita, movemento ou canto, entre outras disciplinas.
As axudas da Deputación para Conservatorios e Escolas de Música e Danza municipais pasan este ano de 10.000 euros a 12.500 euros para as escolas de música e de 20.000 a 25.000 euros para os conservatorios. Na convocatoria de 2024, un total de 30 concellos da provincia benefícianse destas axudas dirixidas aos seus centros de formación artística.
A Baña, As Pontes, Abegondo, Ames, Arzúa, Betanzos, Brión, Cabana de Bergantiños, Carballo, Carnota, Cee, Culleredo, Melide, Mugardos, Muros, Negreira, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Padrón, Ponteceso, Porto do Son, Ribeira, Rois, Sada e Santiago son os municipios beneficiados por este programa da Deputación.
Entidade beneficiaria | Importe subvención |
| 12.500,00€ |
| 25.000,00€ |
| 12.500,00€ |
| 12.500,00€ |
| 25.000,00€ |
| 12.500,00€ |
| 25.000,00€ |
| 12.500,00€ |
| 12.500,00€ |
| 25.000,00€ |
| 12.500,00€ |
| 12.500,00€ |
| 25.000,00€ |
| 25.000,00€ |
| 12.500,00€ |
| 12.500,00€ |
| 12.500,00€ |
| 25.000,00€ |
| 12.500,00€ |
| 12.500,00€ |
| 12.500,00€ |
| 12.500,00€ |
| 12.500,00€ |
| 12.500,00€ |
| 10.000,00€ |
| 12.500,00€ |
| 25.000,00€ |
| 12.500,00€ |
| 12.500,00€ |
| 12.500,00€ |