Noelia Gómez
Rianxo
Noelia Gómez
Noelia Gómez Calvo, nada en Rianxo, é unha xornalista e escritora galega.
Cursou o Bacharelato de Artes Escénicas e Musicais no IES Salvador de Madariaga da Coruña, e o grao de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Fixo un mestrado en Estudos Comparativos de Literatura, Arte e Pensamento pola Universidade Pompeu Fabra.
Tamén publicou nas revistas Madrygal, Dorna e A Voz de Barbantia.
Obra
- O xiro (Ed. Xerais, 2018) [GAL P 78]
"Este libro debúxase no aire cos arames que forman o tramado do coñecido, e vólvese estraño a causa do movemento. Coma unha escultura de Calder, Noelia Gómez bota man de cores primarias dándolles forma e fondo ata facelas xirar serpentinas. Poemas de lugar ensamblados pola presenza do corpo e a procura de paisaxes onde enmarcar a identidade. O xiro é o primeiro poemario dunha autora que valora o desprazamento ata convertelo en arma con que lexitimar o que cambia, permanece ou queda atrás. Coma quen aprende o son da fala ou escolle os materiais con que erguer un edificio, os seus versos dobran, ensartan e retórcense para soster o equilibrio. O eixo. A palabra."
Antía Otero
Escolmas
- 7 Relatos curtos contra a violencia de xénero (USC, 2016)
- No seu despregar (Apiario Editora, 2016)
- Cultura que Une. Ribeira Sacra-Douro (2018)
- Poesía galega novísima (Urutau, 2020)
Premios e recoñecementos
- Finalista do II Concurso de Relatos Curtos contra a Violencia de Xénero (USC, 2016)
- II Torneo de Poesía Recitada Ferve a Lingua (Rianxo, 2015).
- V Premio de Poesía Gonzalo López Abente (2018)
A autora nas redes
- Canle de Youtube da autora: https://www.youtube.com/@noeliagomezcalvo3511
- O Salto [Colaboracións]
- Nós televisión [Vídeo]
- Faro de Vigo [Artigo]
- La Voz de Galicia [Artigo]
- La Voz de Galicia [Entrevista]