Estás en:Novas

A Deputación encarga un estudo técnico para avaliar as opcións de mellora da seguridade na estrada DP 2904 en Santa Comba

A deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, e o alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, visitaron o tramo que vai do cruzamento de Padeiro ao de Amarelle

A Deputación encarga un estudo técnico para avaliar as opcións de mellora da seguridade na estrada DP 2904 en Santa Comba

A deputada responsable da área Vías e Obras, Mónica Rodríguez, acompañada de técnicos provinciais, visitou o concello de Santa Comba para reunirse co alcalde da localidade, Alberto Romar Landeira, e o concelleiro de Obras e Servizos, Pablo Negreira Souto.

.
O motivo da visita foi compobar in situ o trazado da estrada provincial DP 2904 de Coristanco a Santa Comba, entre o cruzamento de Padeiro e o de Amarelle. Este tramo presenta un trazado sinuoso e algunhas curvas perigosas onde, pese ao bo estado actual do firme da calzada,  producíronse varios accidentes nos últimos anos, polo que o goberno municipal reclama actuacións para mellorar a seguridade da vía.

Dada a complexidade das actuacións propostas, a deputada comprometeuse a realizar un estudo técnico para avaliar as diferentes posibilidades de mellora da seguridade no referido tramo.