Estás en:Novas
#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Carmen Saavedra

Ferrol

Carmen Saavedra

Carmen Saavedra

María del Carmen Saavedra Vázquez (Ferrol, 1962) é doutora en Historia Moderna pola Universidade de Santiago de Compostela, onde exerce actualmente como profesora titular.

Ademais, foi directora das revistas universitarias Sémata. Ciencias Sociais e Humanidades e Obradoiro de Historia Moderna. Desde os inicios da súa carreira universitaria en 1986 desenvolveu unha investigación sistemática en Historia Militar, campo ao que dedicou a súa tese, media ducia de libros e un centenar de artigos e contribucións a congresos. Entre as súas monografías cabería destacar A Coruña durante o reinado de Felipe II (1989), Galicia no Camiño de Flandes (1996), María Pita, unha aproximación á súa vida e ao seu tempo (2003), e como editora, A decadencia da Monarquía Hispánica no século XVII. Vellas imaxes e novas achegas (2016).

Aínda que o seu interese investigador se orientou principalmente ao estudo da organización militar galega en época dos Austrias, conta cunha produción moi variada, na que figuran traballos sobre historiografía militar, institucións, corsarismo, armadas, financiamento militar, impacto da guerra e sociedade militar -elites militares, vida cotiá de oficiais e soldados, mulleres de militares e mentalidades no exército-. Nos últimos anos está a investigar a transición entre o modelo militar dos Austrias e o borbónico, dedicando as súas últimas publicacións ao reinado de Carlos II e a guerra de Sucesión.

Obra

  • Galicia en el camino de Flandes : actividad militar, economía y sociedad en la España noratlántica, 1556-1648 / María del Carmen Saavedra Vázquez. Sada (A Coruña) : Ediciós do Castro, 1996 [GAL/6247]
  • Historia de A Coruña. PUBLICACIÓN: Oleiros (A Coruña) : Vía Láctea, D.L. 1998 [GAL/8263 e GAL/8986]
  • La Coruña durante el reinado de Felipe II / María del Carmen Saavedra Vázquez. A Coruña : Diputación, D.L. 1989 [GAL/2542]
  • La Coruña en la Edad Moderna : (siglos XVI-XVII) / Mª del Carmen Saavedra Vázquez. Oleiros (A Coruña) : Vía Láctea ; A Coruña : Ayuntamiento, 1994 [GAL/5243]
  • María Pita / María del Carmen Saavedra Vázquez ; ilustracións de Javier Badal Palacio. Pontevedra : NigraTrea, 2011 [GAL/16468]
  • María Pita : una aproximación a su vida y a su tiempo / María del Carmen Saavedra Vázquez. Oleiros (A Coruña) : Vía Láctea, D.L. 2003 [GAL/10582]
  • María Pita y la defensa de La Coruña en 1589 / María del Carmen Saavedra Vázquez. La Coruña : Ayuntamiento, D.L. 1989 [GAL/2543]

A Autora nas redes