Difusión cultural
O mar e o surf nos fondos provinciais
Exposición de verán da Biblioteca Provincial 2024
Chega o verán e desde a Biblioteca imaxinamos unha exposición refrescante, aberta e sentida polas nosas persoas usuarias.
Este ano olímpico o tema elixido é O Mar e o Surf nos fondos provinciais. Unha exposición onde non só é importante o que hai nas vitrinas senón sentir a atracción que provoca o mar.
Ven á Biblio, goza do contido, somérxete na nosa onda mariñeira e descobre os fondos audiovisuais e literarios que podes atopar nas bibliotecas dos concellos e, por suposto, na nosa.
A exposición está situada na entrada da Biblioteca en 7 vitrinas:
- 2 dedicadas ao público infantil e xuvenil
- 3 dedicadas a adultos
- 1 dedicada á piratería
- 1 dedicada ao surf
Agardámoste!!
1
8
Fotogalería