Estás en:Novas

AEAT: Imputación dos incrementos da retribución para incluír na Renda 2024 (declaración 2025)

AXENCIA TRIBUTARIA

NOTA AXENCIA TRIBUTARIA (AEAT)
Imputación incrementos retribución do persoal ao servizo do sector público (art. 19.Dous.2.b) da Lei 31/2022, do 23 de decembro) que se incluirán na Renda 2024 (para declarar en 2025)

Os importes retributivos correspondentes ao incremento establecido no artigo 19.Dous.2.b) da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023, deben imputarse ao período en que, a través da súa regulación nos preceptos antes citados, son esixibles, isto é o período impositivo 2024.

Os pagadores destes incrementos retributivos deberán declaralos no modelo 190 correspondente ao exercicio 2024 (para presentar en xaneiro de 2025).

Os perceptores destes incrementos retributivos declararanos, no seu caso, na súa declaración de IRPF do exercicio 2024 (para presentar en 2025). En ningún caso deberán incluírse na declaración de IRPF do exercicio 2023, cuxo prazo de presentación se iniciou o día 3 de abril de 2024.