Estás en:Novas

Rioboo destaca a unión dos concesionarios para impulsar a IV edición da Feira do Automóbil de Agrela

Rioboo destaca a unión dos concesionarios para impulsar a IV edición da Feira do Automóbil de Agrela

O deputado de Facenda e Avance Dixital, José Ramón Rioboo, participou esta mañá na presentación da IV edición da Feira do Automóbil de Agrela, que se celebrará os días 13, 14 e 15 de xuño, dando continuidade a unha iniciativa que xurdiu no ano 2021 e que, ano tras ano, foise consolidando.

Rioboo destacou que o evento é posible grazas á unión de once concesionarios que, co seu traballo conxunto, contribúen a visibilizar a importancia do sector do automóbil nesta área empresarial coruñesa, onde o sector do automóbil crea máis de 450 empregos.