FHN: convocatoria de secretario/a de Administración Municipal Concello de Vigo (libre designación)
XUNTA DE GALICIA
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Funcionarios de habilitación nacional
RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se dá publicidade á convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional denominado secretario/a de Administración Municipal do Concello de Vigo.
Corporación: Concello de Vigo.
Posto: secretario/a de Administración municipal do Concello de Vigo.
Subescala: Secretaría.
Categoría: superior.
Nivel complemento destino: 30.
Complemento específico anual: 48.906,34 euros.
Coñecemento lingua galega: nos termos do Decreto 103/2008, do 8 de maio.