Estás en:Novas

A deputada Rosa Ana García reflexiona sobre a crueza da guerra na apertura do oitavo encontro internacional Acampa pola Paz

García participou no programa Radio Acampa en directo, unha das múltiples iniciativas dun evento que cada ano acolle A Coruña e que neste 2024 ten como tema central a infancia e a xuventude refuxiada

A deputada Rosa Ana García reflexiona sobre a crueza da guerra na apertura do oitavo encontro internacional Acampa pola Paz

A deputada provincial de Emprego, Rosa Ana García, acudiu esta mañá á apertura da oitava edición do encontro internacional Acampa pola Paz, un evento que se celebra nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña de xeito anual e invita á cidadanía a reflexionar sobre os dereitos humanos e o dereito de refuxio.

García participou no programa Radio Acampa en directo, unha das múltiples iniciativas que entre hoxe e o vindeiro domingo, 9 de xuño, se celebran neste espazo. Na súa intervención, a deputada departiu sobre a crueza da guerra e, particularmente, sobre o sufrimento que padece a infancia, temática central da edición deste ano 2024. Fíxoo xusto nun intre no que a política internacional está marcada por un elevado número de conflitos bélicos como os que están a acontecer en Gaza, en Ucraína, en Afganistán ou Iemen.

Os xardíns acollen un memorial pola infancia á que se lle arrebatou a vida, ademais dun campo simulado de persoas refuxiadas. Ademais, estes tres días contará con especialistas, activistas, fotógrafos e fotógrafas, ONG, documentais e música. A maiores, as exposicións fotográficas permanecerán no espazo ata o 30 de xuño.