Estás en:Novas

Formoso participa no acto de recoñecemento dos delegados de Goberno en Galicia, unha figura necesaria para achegar a administración nacional ao eido máis local

O evento institucional, celebrado esta mañá no MUNCYT da Coruña, fixo un percorrido pola historia da Delegación desde 1981 ata a actualidade

Formoso participa no acto de recoñecemento dos delegados de Goberno en Galicia, unha figura necesaria para achegar a administración nacional ao eido máis local

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou esta mañá no acto de recoñecemento ao papel desenvolvido pola Delegación de Goberno de Galicia desde a súa posta en funcionamento, en 1981, ata a actualidade.

O evento institucional celebrouse no MUNCYT da Coruña e durante o seu transcurso púxose en valor o traballo dos 13 delegados do Goberno que tiveron o cargo de máximo responsable do Goberno de España na Comunidade Autónoma de Galicia nestes 43 anos.

A necesaria figura do delegado do Goberno permite achegar a administración nacional ao eido máis local foi posta en valor no acto, que contou cun coloquio no que participaron Pedro Blanco, actual delegado, xunto cos seus antecesores Juan Manuel Diz Guedes, Arsenio Fernández de Mesa, Manuel Ameijeiras, Santiago Villanueva, Javier Losada, José Manuel Miñones e José Ramón Gómez Besteiro. Con eles compartiron a súa experiencia Teresa García-Sabell, filla do primeiro delegado do Goberno, e Ana Romero, esposa de Xosé Manuel Pose Mesura.

Tamén se presentou a galería de retratos fotográficos dos 13 delegados do Goberno, que a partir de mañá estarán expostos na sede da Praza de Ourense.