Estás en:Novas

Clausura da Escola de Verán do Ministerio Fiscal en Mariñán

O presidente da Deputación Valentín González Formoso e o Fiscal Xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, clausuraron a Escola de Verán que abordou as funcións do Ministerio Fiscal na defensa dos dereitos dos menores

Clausura da Escola de Verán do Ministerio Fiscal en Mariñán

O Pazo de Mariñán acolleu hoxe a clausura da edición 2024 da Escola de Verán do Ministerio Fiscal. Un acto que contou coa asistencia do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, do Fiscal Xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, o conselleiro de Presidencia e Xustiza, Diego Calvo, e o fiscal xefe de Galicia, Fernando Suanzes, e a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, entre outras autoridades.

Durante os últimos tres días, fiscais procedentes de todo o territorio español reuníronse no pazo bergondés para abordar cuestión relacionadas coas funcións do Ministerio Fiscal na defensa do interese e os dereitos dos menores. Nos diferentes relatorios e mesas redondas participaron fiscais do Tribunal Supremo e de distintas fiscalías do Estado español, así como maxistrados e outros especialistas.

Dende principios da década do 2000, a Escola de Verán é unha aposta conxunta da Deputación da Coruña, a Consellería de Xustiza da Xunta de Galicia, a Fiscalía Xeral do Estado e o Centro de Estudos Xurídicos. Este esforzo conxunto entre diferentes administracións e o Ministerio Fiscal permite afondar en cuestións de actualidade e crear un diálogo constante entre os fiscais do noso país.