Estás en:Novas

A Deputación da Coruña impulsa con 650.000 euros a actividade das confrarías de pescadores e agrupacións marisqueiras da provincia

As axudas incrementáronse un 30% con respecto ao ano pasado, pasando de 500.000 euros a 650.000 euros, co fin de apoiar actividades e festas de exaltación de produtos pesqueiros

A deputada provincial e presidenta da comisión de Sectores Produtivos, Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, mantivo varias reunións coas confrarías para recoller as súas demandas e plasmalas nestas axudas

A Deputación da Coruña impulsa con 650.000 euros a actividade das confrarías de pescadores e agrupacións marisqueiras da provincia

A Deputación da Coruña concede 649.532,97 euros en axudas ás confrarías de pescadores e agrupacións pesqueiras da provincia para o fomento da súa actividade e a promoción dos seus produtos.

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a resolución pola que se aproba a concesión definitiva de "subvencións correspondentes ao programa FO027A: convocatoria do programa de subvencións de fomento pesqueiro dirixido ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia da Coruña para actividades durante o ano 2024".

As axudas incrementáronse un 30% con respecto ao ano anterior, pasando de 500.000 euros a case 650.000 euros, co obxectivo de apoiar non só as actividades, funcionamento e contratación de servizos dos pósitos, senón tamén as festas de exaltación de produtos pesqueiros de proximidade, atendendo así unha das demandas do sector. Este ano, as axudas que recibirá cada confraría oscilan entre os 5.100 e os 25.000 euros que poden destinar á contratación de persoal, adquisición de sementes de moluscos, aluguer de maquinaria ou equipamentos necesarios para o desenvolvemento das actividades de confrarías, lonxas ou fábricas de xeo ou contratación de servizos externos, como a vixilancia.

A deputada provincial e presidenta da comisión de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, mantivo varias reunións coas confrarías da provincia nos últimos meses para recoller de primeira man as súas demandas e necesidades e plasmalas nestas axudas. De feito, a deputada lembrou "a importancia social e económica que os sectores pesqueiro e marisqueiro teñen na provincia da Coruña, onde xeran miles de empregos".

"Desde a Deputación queremos seguir apoiando a un sector estratéxico na nosa provincia", apuntou a Capelán, que destacou que "as axudas chegan á práctica totalidade dos pósitos da provincia e supoñen unha axuda fundamental para o seu funcionamento".

Solicitudes/ Beneficiario: 

Importe subvención

Coef.

Pto. Subvencionado que se ha xustificar

AGRUPACION DE MARISCADORAS DO ESTEIRO DO ANLLONS

10.132,74€

0,3833

26.435,53€

COFRADIA DE PESCADORES DE BARQUERO BARES

6.080,00€

0,8000

7.600,00€

COFRADIA DE PESCADORES DE CAMARIÑAS

25.000,00€

0,8000

31.250,00€

COFRADIA DE PESCADORES DE CAMELLE

23.636,00€

0,8000

29.545,00€

COFRADIA DE PESCADORES DE CARREIRA Y AGUIÑO

13.800,00€

0,8000

17.250,00€

COFRADIA DE PESCADORES DE CEDEIRA

20.000,00€

0,8000

25.000,00€

 COFRADIA DE PESCADORES DE CORME

20.000,00€

0,7200

27.777,78€

COFRADIA DE PESCADORES DE FERROL

19.000,00€

0,8000

23.750,00€

 COFRADIA DE PESCADORES DE LA CORUÑA

20.000,00€

0,8000

25.000,00€

COFRADIA DE PESCADORES DE LAXE
DA LONXA DE LAXE 2024

19.000,00€

0,8000

23.750,00€

COFRADIA DE PESCADORES DE LORBE

5.100,00€

0,8000

6.375,00€

COFRADIA DE PESCADORES DE MALPICA

25.000,00€

0,8000

31.250,00€

COFRADIA DE PESCADORES DE MIÑO
durante todo o ano 2024.

20.000,00€

0,8000

25.000,00€

COFRADIA DE PESCADORES DE MUROS.

20.000,00€

0,8000

25.000,00€

COFRADIA DE PESCADORES DE SADA

19.000,00€

0,8000

23.750,00€

COFRADIA DE PESCADORES NTRA.SRA.DE LAS ARENAS

20.000,00€

0,8000

25.000,00€

COFRADIA DE PESCADORES VIRGEN DE LA BARCA

19.000,00€

0,8000

23.750,00€

COFRADIA DE PESCADORES VIRGEN DEL CARMEN DE PONTEDEUME

25.000,00€

0,8000

31.250,00€

COFRADIA PESCADORES A POBRA DO CARAMIÑAL

20.000,00€

0,8000

25.000,00€

COFRADIA PESCADORES DE CABO CRUZ

19.000,00€

0,8000

23.750,00€

COFRADIA PESCADORES DE CORCUBION

25.000,00€

0,8000

31.250,00€

COFRADIA PESCADORES DE ESPASANTE

17.961,23€

0,8000

22.451,54€

COFRADIA PESCADORES DE LIRA

25.000,00€

0,8000

31.250,00€

COFRADIA PESCADORES O PINDO

20.000,00€

0,8000

25.000,00€

COFRADIA PESCADORES SAN ANDRES

19.000,00€

0,8000

23.750,00€

COFRADIA PESCADORES SAN BARTOLOME DE NOIA

20.000,00€

0,8000

25.000,00€

COFRADIA PESCADORES SAN PEDRO SANTA E.RIVEIRA

20.000,00€

0,8000

25.000,00€

COFRADIA PESCADORES SAN TELMO DE MUGARDOS

25.000,00€

0,8000

31.250,00€

COFRADIA PESCADORES SAN TELMO PORTO DO SON

20.000,00€

0,8000

25.000,00€

COFRADIA PESCADORES SANTIAGO APOSTOL

20.000,00€

0,8000

25.000,00€

POSITO DE PESCADORES DE RIANXO

19.000,00€

0,8000

23.750,00€

Total concedido Eixo 1:     599.709,97€

 

EIXO 2:

Solicitudes

Importe subvención

Coef.

Pto. Subvencionado que se ha xustificar

COFRADIA DE PESCADORES DE CORME

15.000,00€

0,8000

18.750,00€

COFRADIA DE PESCADORES DE FERROL
PRODCUTO PESQUEIRO DA CONFRADIA DE FERROL

15.000,00€

0,8000

18.750,00€

COFRADIA DE PESCADORES DE LAXE

4.824,00€

0,8000

6.030,00€

COFRADIA PESCADORES SANTIAGO APOSTOL

14.999,00€

0,7999

18.750,00€

Total concedido Eixo 2:       49.823,00€

 

Total concedido programa 649.532,97€


Consulta as entidades beneficiarias na ligazón: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/06/17/2024_0000004257.html