Blanca Cendán
Blanca Cendán polo concello de Ares
Blanca Cendán
Blanca María Brage Cendán é unha actriz galega do concello de Ares.
Fundadora da compostelá Sala Nasa, esta actriz conta cunha longa experiencia teatral, traballou en montaxes das compañías Chévere, CDG, Artello, entre outras. Comeza no audiovisual a finais dos oitenta e participa en televisión en diversos títulos, especialmente en teleseries e en programas de humor. Tamén interpretou papeis en curtas e longametraxes.
De 2010 a 2012 foi a directora do Centro Dramático Galego.
Premios e recoñecementos: Talente Momente Berlin 1996. A produción "Río Bravo", na que participou, recibiu os premios á mellor produción (O Correo Galego, 1991) e ao mellor espectáculo (Festival de Teatro de Mijas, 1990).
Obra
FILMOGRAFÍA:
- Un día normal (2010)
- Crónica das soidades urbanas (2008)
- Valderrei (2007)Reencontro (2007)
- Galatasaray-Dépor (2005)
- A boa caligrafía (2004)
- Bobo Furcia (2002)
- Fíos (2001)
- Galicia Exprés (2000)
- Un mundo de historias (2000)
- Cal dous estraños (1991)
- Urxa (1989)
- Unha de romanos (1989)
NA BIBLIOTECA:
- Chévere 1987-2022 : trinta e cinco anos de axitación cultural. Pontevedra : Kalandraka, 2022. [GAL T 10]
A autora nas Redes:
- AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org: Ficha da actriz
- Asociación de actores e actrices de Galicia: Ficha da actriz