Estás en:Novas
#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Sonia García

"Sumerxida nunha lámina disfruto debuxando os meus soños, deixando o tempo de lado.
Encántame o mar, por iso, sempre o levo."

Sonia García

Sonia García

Sonia García Vidal é unha autora e ilustradora galega do Concello de Ribeira 

Segundo palabras da propia autora: "Sonia García é unha rapaza de mar que naceu en Ribeira, agora embarcada en Santiago de Compostela."

Desempeña o labor de docente na especialidade musical con cativos e cativas. Tamén traballa como ilustradora, actriz de teatro, deseñadora e videocreadora.

En 2017 debuta como ilustradora e autora do álbum «Sementes» (Xerais, 2017). Outras obras ilustradas en Xerais son «O Chispas» (2020), «A folla azul», Premio Merlín 2020, e «A cidade do átomo» (2021), IV Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade.

Obra

Como autora e ilustradora:

  • Sementes. Xerais, 2017. [GAL C 43]

No Reino das Pílulas ninguén lembra como se sementa a terra. Está prohibido.
Coa chegada da lúa crecente de febreiro, unha moza vai tentar que o campo volva dar os seus froitos, malia ter que infrinxir as leis para acadalo.Unha fonda reflexión sobre o mundo en que vivimos, sobre unha sociedade dominada por artificios.
Contén disco con banda sonora, conto locutado e montaxe en vídeo.

Como ilustradora:

  • O Chispas. Xerais 2020. [N RIV chi / v]
  • A folla azul. Xerais, 2020. Premio Merlín 2020 [N MAC fol / v]
  • A cidade do átomo. Xerais, 2021. IV Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade. [N MIS cid / v]

A autora nos medios

A Voz de Galicia [Artigo

A autora nas redes

Ficha da autora en Domestika 

Ficha da autora en Xerais

Illa cromatica Facebook 

Pota cromatica Instagram 

Illa cromática Páxina web