Estás en:Novas

A Deputación apoia con 75.000 euros ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia

As axudas, das que este ano se beneficiarán 13 entidades, cobren ata o 80 % dos gastos subvencionables recollidos na convocatoria

A Deputación apoia con 75.000 euros ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia

A Deputación da Coruña vén de resolver a convocatoria de subvencións correspondentes ao programa dirixido ás agrupacións, asociacións e asociacións de agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia para actividades durante o ano 2024. O Boletín Oficial da Provincia publicou este mércores a resolución pola que se aproba a resolución definitiva da concesión das axudas.

Este ano, as beneficiarias son 11 agrupacións de voluntarios, dos concellos de Abegondo, Betanzos, Carnota, Curtis, Muxía, Trazo, Vimianzo, Oroso, Mazaricos, Carral e Boiro, ás que se unen a Asociación de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e a Asociación Provincial de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios de Protección Civil da Coruña.

En 12 dos 13 casos as axudas acadan un máximo do 80 % dos gastos subvencionables que contemplan as bases da convocatoria, mentres que no restante se sitúan nun 34 %. As subvencións varían entre os 3.800 e os 9.880 euros, cun importe total de 74.972,83 euros.

O anuncio pódese consultar na seguinte ligazón: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/06/26/2024_0000004518.html