Estás en:Novas

A Deputación colabora coa Asociación Raíña Paraíso de Mesía nas súas accións de integración sociolaboral e de potenciación do rural

A deputada de Política Social, Mar García, visitou hoxe a entidade para coñecer o funcionamento do programa RURALeLOXICO, dedicado á formación e capacitación para o emprego de persoas en risco de exclusión social no eido da agricultura ecolóxica

A Deputación colabora coa  Asociación Raíña Paraíso de Mesía nas súas accións de integración sociolaboral e de potenciación do rural

A deputada de Política Social, Mar García Vidal, visitou hoxe a Asociación Raíña Paraíso, onde acompañada do alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, e dos responsables da entidade coñeceu de primeira man o traballo que realiza, tanto no eido da integración social e laboral de persoas con especiais dificultades, como na produción de verduras hortalizas de agricultura ecolóxica.

A entidade conta co apoio económico da Deputación para o desenvolvemento do programa RURALeLOXICO, que ten como actividade principal accións de formación e capacitación para o emprego de persoas en risco de exclusión social no eido da agricultura ecolóxica.

Para iso, a asociación recuperou fincas que carecían de usos produtivos en concellos como Mesía, Oza-Cesuras, Curtis e Vilasantar e agora conta con 10 hectáreas de cultivo ao aire libre e cinco invernadoiros con 2.200 m2 de produción agrícola baixo cuberto.

A entidade dá emprego a 11 persoas e produce verduras e hortalizas de tempada coa certificación CRAEGA de Agricultura ecolóxica e dedícase tamén á súa transformación e a elaboración de produtos de repostería sen glute. Participan en programas como Eco-Comedores da Reserva da Biosfera das Mariñas, que abastece aos comedores escolares da zona e desenvolve outras actividades como a Escola de Agricultura Ecolóxica para persoas maiores en Vilasantar, que permite aos maiores que viven soas compartir actividades