A Coruña oleira
Na Biblioteca provincial preparamos un recuncho temático sobre este oficio tradicional, de tanta importancia para a economía e a identidade dalgúns lugares da provincia.
A Coruña oleira
A provincia da Coruña mantén a vinculación co mundo da cerámica que lle vén de antigo. O vindeiro 27 de xullo comezará na cidade da Coruña a XL edición de Mostrart, a Feira de Artesanía da Coruña, onde, xunto co doutra serie de oficios, poderase apreciar o traballo dos ceramistas. Tamén, a partir do 1 de agosto, na localidade de Malpica de Bergantiños terá lugar, un ano máis, a Mostra da Olaría de Buño, na que se levarán a cabo demostracións, obradoiros e a cocedura tradicional.
Por ese motivo, a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña quere dar visibilidade á olaría coruñesa e achegar ás persoas usuarias os seus fondos relacionadas con esta temática.
"A Coruña oleira" é unha pequena mostra bibliográfica que se pode visitar no primeiro andar da Biblioteca provincial durante o horario de apertura. Os materiais seleccionados están dispoñibles para o préstamo a domicilio.