Estás en:Novas

FHN: Convocatoria de provisión do posto de secretario/a xeral do Pleno do Concello de Santiago de Compostela, libre designación

XUNTA DE GALICIA

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se dá publicidade da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional, denominado secretario/a xeral do Pleno do Concello de Santiago de Compostela.
Corporación: Concello de Santiago de Compostela.
Posto: secretario/a xeral do Pleno do Concello de Santiago de Compostela.
Subescala: secretaría.
Categoría: superior.
Nivel complemento destino: 30.
Complemento específico anual: 40.335,68 euros.
Coñecemento da lingua galega: nos termos do Decreto 103/2008 do 8 de maio.