Estás en:Novas
Viñetas desde o atlántico 2024

A imaxe do poder no cómic

Do 12 ao 18 de agosto celébrase na cidade da Coruña a 27ª edición de "Viñetas desde o Atlántico". A Biblioteca Provincial da Coruña quere sumarse ás entidades participantes neste evento e facer do cómic o protagonista das súas actividades.

A imaxe do poder no cómic

Durante os días 12-18 de agosto celébrase na cidade da Coruña a 27ª edición de "Viñetas desde o Atlántico", o Salón do Cómic da Coruña. Este festival internacional achega ao público autores, traballos, personaxes e actividades, e no que a historieta é a protagonista.

A Biblioteca Provincial da Coruña quere sumarse ás entidades participantes neste evento e facer do cómic a estrela das actividades que leva a cabo, especialmente das relacionadas coa promoción da lectura. Deste xeito, a Biblioteca organiza o centro de interese "A imaxe do poder no cómic", co fin de destacar e achegar ás persoas usuarias unha selección de obras do mundo do cómic relacionadas cun tema concreto.

Esta pequena mostra bibliográfica centra a súa atención no personaxe dx gobernantx e o seu uso do poder. Desde distopías futuristas ata sátiras políticas, os dirixentes adoitan aparecen caracterizados e representados nas viñetas. Ditadores, Presidentes, Alcaldes.., figuras que exercen o poder como a máxima autoridade dun lugar ou que forman parte do seu goberno.

A mediados do século XIX comezan a aparecer en revistas as primeiras caricaturas políticas, de índole satírica, co que se inicia a difusión dos primeiros cómics. Deste xeito, a imaxe do gobernante atópase xa nas propias orixes da historieta impresa.

Imaxe_Guialectura.png

Guía de lectura da mostra bibliográfica: Guía A imaxe do poder no cómic.pdf