Estás en:Novas

A Deputación promociona en Gastromar os produtos locais de Ribeira cun espazo propio con diferentes actividades

A entidade provincial participa nesta feira organizada pola Asociación de Empresarios de Ribeira que se desenvolverá na Praza de España do 23 ao 25 de agosto

Haberá showcookings o venres e o sábado impartidos por Javier Arca Fernández, dos restaurantes Chicolino e Sisal, e un obradoiro infantil o domingo 25

A Deputación promociona en Gastromar os produtos locais de Ribeira cun espazo propio con diferentes actividades

A Deputación da Coruña participará esta fin de semana na feira Gastromar que, organizada pola Asociación de Empresarios de Ribeira, terá lugar na praza de España dende o 23 ata o 25 de agosto. A entidade provincial contará cun espazo propio onde se celebrarán actividades para todos os públicos durante os tres días: showcookings con produtos locais e un obradoiro infantil.

O venres 23 e o sábado 24, o cociñeiro Javier Arca, do Sisal by Chicolino (Pobra do Caramiñal), impartirá showcookings ás 12h a base de produtos locais de Ribeira como navallas ou ameixas. Ademais, o domingo 25 haberá un obradoiro infantil.

A colaboración da Deputación, a través da área de turismo, con esta cita gastronómica, forma parte do seu compromiso co apoio a eventos que poñen en valor a gastronomía local e coa promoción dos produtos de proximidade, que se enmarca na súa campaña turística e gastronómica 'A provincia que sabe'.

A través desta campaña, a institución viaxa a diferentes feiras de todo o Estado, nas que promociona a materia prima de diferentes produtores e produtoras locais da provincia, e tamén o traballo de cociñeiros e cociñeiras que exhiben nestos espazos o seu bo facer impartindo showcookings.