Estás en:Novas
AUTORAS DA PROVINCIA

Rosa Vidal

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Concello de Laxe

Rosa Vidal

Rosa Vidal

Rosa María Vidal Vázquez é unha mestra e autora nada no concello de Laxe. Licenciada en Filoloxía Hispánica, exerce a docencia.

En 1998 gañou o segundo Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rei con A curvatura das chemineas (1999), a que seguiron "O oso sacro", relato incluído en Narradoras (Xerais 2000) e O baile das mariolas (Xerais 2001), relatos.

Como poeta participou no libro colectivo Aldea Poética (1997).

Obra

  • A curvatura das chemineas
  • Camelle Man
  • Narradoras
  • O baile das mariolas [GAL/]

Esta primeira entrega narrativa en solitario de Rosa Vidal, está constituida por doce relatos titulados e de extensión variábel, nos que alternan a modalización en terceira persoa clásica co narrador protagonista ou testemuña en prímeira persoa. en todos eles as mulleres son as protagonistas principais; unhas mulleres que son conscientes da sociedade na que lles tocou vivir e contra a que, ás veces, se revelan. outro vencello que relaciona estes relatos é o espacio da costa da morte, que fai que a condición femínína sexa máis dificil de levar. o último dos relatos, de igual título que o conxunto da obra, recolle a experiencia da viaxe dun grupo de mulleres galegas a bruxelas para participar na marcha mundial das mulleres.

  • O inglés do iate

Premios

1998 2º Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rei con A curvatura das chemineas (1999).

A autora nas redes

Redes sociais

Twitter: @RosaVidalVazqu2