Bernardo Fernández asistiu á estrea da serie Rapa no Teatro Jofre de Ferrol
O deputado portavoz do Goberno provincial, Bernardo Fernández Piñeiro, asistiu esta noite no Teatro Jofre de Ferrol á estrea da terceira tempada da serie de televisión Rapa. A estrea contou coa presenza de moitos alcaldes e alcaldesas dos municipios da comarca que son escenarios da serie.
A aclamada serie de Movistar +, protagonizada por Javier Cámara e Mónica Pérez, chega á súa derradeira tempada tras colleitar un importante éxito de audiencia en todo o país.
A serie creada por Pepe Coira e Fran Araújo está dirixida nesta tempada por Jorge Coira e incorpora caras coñecidas da escena galega como Cristina Castaño, Mercedes Sampietro, Sheyla Fariña, Xosé Manuel Esperante, Eva Barreiro, Miguel de Lira e Diego Anido, moitas delas presentes no Jofre na estrea desta noite.
Ferrol, Narón, Valdoviño, As Pontes, As Somozas, Fene ou Pontedeume foron algúns dos escenarios da serie.