Actividades da Biblioteca Provincial (Outono de 2024)
A continuación deixamos toda a información sobre as actividades de fomento da lectura que se desenvolverán ao longo dos vindeiros meses.
ACTIVIDADES OUTONO 2024
Dende a Biblioteca Provincial temos preparadas diferentes actividades dirixidas a persoas de todas as idades, relacionadas co fomento da lectura e a cultura. A inscrición comeza o 23 de setembro ás 10h. para as actividades das persoas adultas e o 7 de outubro ás 10:30h para a infancia e mocidade.
PERSOAS ADULTAS
CLUB DE LECTURA DE POESÍA: POESÍA MODERNA E UNIVERSAL DO SÉCULO XX
Impartido por Xoán Abeleira
- Día: xoves de 19:00 a 20:30 h
- Prazas: 20
- Duración: 12 sesións. De outubro a xaneiro
- Data de comezo: mércores 17 de outubro
CLUB DE LECTURA DE LIBROS EXTRAORDINARIOS
Impartido por Xoán Abeleira
- Día: luns de 19:00 a 20:30 h
- Prazas: 20
- Duración: 12 sesións. De outubro a xaneiro
- Data de comezo: o luns 14 de outubro
CONVERSAS EN INGLÉS
NIVEL MEDIO I
- Impartido por Elisabeth Hamer
- Día: MÉRCORES de 11:30 a 12:45 h.
- Duración: 12 sesións. De outubro a xaneiro
- Prazas: 15
- Data de comezo: mércores 16 de outubro
NIVEL MEDIO II (INTERMEDIO ALTO)
Impartido por Elisabeth Hamer
- Día: LUNS de 19:15 a 20:30 h.
- Duración: 12 sesións. De outubro a xaneiro
- Prazas: 15
- Data de comezo: o luns 14 de outubro
ALFABETIZACIÓN DIXITAL: MANEXO DE SMARTPHONES
Edición 1:
- Día: MARTES de 10:00 a 12:00 h.
- Duración: 6 sesións. Días: 22, 29 de outubro; 5, 12, 19, 26 de novembro
- Prazas: 15
- Data de comezo: o martes 22 de outubro
- Lugar: Sala Manuel López. Biblioteca Provincial
Edición 2:
- Día: MARTES de 12:00 a 14:00 h.
- Duración: 6 sesións. Días: 22, 29 de outubro; 5, 12, 19, 26 de novembro
- Prazas: 15
- Data de comezo: o martes 22 de outubro
- Lugar: Sala Manuel López. Biblioteca Provincial
OBRADOIRO DE POESÍA "A TIRO DE VERSO"
Promovido polo Departamento de Cultura da Deputación da Coruña e coordinado por Apiario, ao abeiro do Premio González Garcés de Poesía
- Día: MÉRCORES de 19:00 a 20:30 h.
- Duración: 4 sesións. Días: 9, 16, 23 e 30 de outubro.
- Prazas: 20
- Data de comezo: mércores 6 de outubro
- Lugar: Sala César Antonio Molina – Mercedes Monmany. Biblioteca Provincial
- Inscrición: na web da Biblioteca a partir do 23 de setembro
RESERVA DE PRAZA PARA AS ACTIVIDADES PARA PERSOAS ADULTAS
- Teñen prioridade na reserva de praza as persoas socias.
- Inscríbete na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado Actividades e escollendo actividade na que queres reservar praza (é necesario ter o carné da biblioteca á man):
- O formulario para inscribirse abrirase a partir do día 23 de setembro de 2024 ás 10:00 h. No caso de que non se cubran as prazas, poderá seguir aberta logo desta data.
- A adxudicación das prazas será por sorteo o 1 de outubro.
- Se precisas axuda para a inscrición, podes vir á Biblioteca ao mostrador de Información (1º andar) e axudarémosche (mañá e tarde).
- Contactaremos coas persoas que obtiveron praza antes do inicio da actividade.
INFANCIA/MOCIDADE
FORMULARIO DE INSCRICIÓN
CURSO DE LEGO WEDO
Dirixido a nen@s de 7 e 8 anos.
- DURACIÓN DO CURSO: 10 sesións
- PRAZAS: 12 prazas
- HORARIO: de 10:30 a 12:00 h
- DATAS DOS CURSOS: Todos os sábados. Días 19 e 26 de outubro, 9, 16, 23 e 30 de novembro, 14 de decembro, e 11, 18 e 25 de xaneiro
- LUGAR: Sala Xuvenil. Biblioteca Provincial
- INSCRICIÓN: na web da Biblioteca a partir do 7 de outubro a partir das 10:30h
CURSO DE ROBÓTICA E PROGRAMACIÓN
Dirixido a nen@s de 9 a 11 anos.
- DURACIÓN DO CURSO: 10 sesións
- HORARIO: de 10:30 a 12:00 h
- DATAS DOS CURSOS: Todos os sábados. Días 19 e 26 de outubro, 9, 16, 23 e 30 de novembro, 14 de decembro, e 11, 18 e 25 de xaneiro
- LUGAR: Sala Manuel López. Biblioteca Provincial
- INSCRICIÓN: na web da Biblioteca a partir do 7 de outubro a partir das 10:30h
RESERVA DE PRAZA PARA AS ACTIVIDADES PARA A INFANCIA/MOCIDADE
- A páxina para inscribirse ás actividades activarase o
- luns 7 de outubro ás 10:30 h da mañá.
- Poden inscribirse todos os socios/as na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca picando no apartado Actividades e despois, en Infancia Mocidade picar no formulario Inscrición Actividades Infantís Xuvenís e elixir o curso correspondente (ter o carné da biblioteca a man):
- Continuará aberta a inscrición ata que se cubran as prazas e a listaxe de agarda.
- Nuns días, antes de comezar as actividades, publicarase na páxina web (no apartado actividades/ infancia mocidade) o listaxe cos números dos socios admitidos á actividade e as listas de agarda.
- 12 prazas por curso. Reservarase unha praza por nen@ (agás irmáns)
- Os cursos son totalmente gratuítos.
- En caso de non poder asistir, por favor comunícao á biblioteca para poder cubrir a praza coa listaxe de agarda. A falta de asistencia leva a perda de praza.
- Para calquera dúbida, chamar ao 981 080 171 ou escribir a biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal