Estás en:Novas
FORMACIÓN DE USUARIXS

EBIBLIODACORUNACLUB

Este outono volven os Clubs de lectura dixitais da Biblioteca provincial.
Se estás interesada/o en participar pero non sabes por onde empezar, propoñémosche estas xornadas formativas para saber como funciona a eBiblioDaCoruna.

EBIBLIODACORUNACLUB

O próximo mes retomamos a actividade nos Clubs de lectura dixitais da Biblioteca provincial.

Para facilitar o acceso ao eBiblioDaCoruna Club Lector deseñamos unhas charlas formativas ou introdutorias aos diferentes servizos da biblioteca dixital que incluirán o necesario para darse de alta e tamén como funciona o Club Lector.

Os contidos tratados serán os seguintes:

1. Como darse de alta e como entrar.
2. Como navegar pola plataforma e cales son as súas funcionalidades.
3. Posibilidades de lectura (online, offline e mediante descarga DRM).
4. Política de préstamos.
5. Como enviar suxestións de compra. Mellores prácticas
6. Como acceder e participar nos clubs de lectura.
7. As experiencias de aprendizaxe

A formación desenvolverase en horarios de mañá e tarde para que todxs poidades asistir.

Os horarios son os seguintes: 

26/09 ás 16:30
27/09 ás 16:30
30/09 ás 12:00
1/10 ás 12:00

A entrada é libre ata completar a capacidade e non se precisan coñecementos previos.