Estás en:Novas
24 de outubro_Día das Bibliotecas

Actividades polo Día das Bibliotecas

O 24 de outubro as bibliotecas celebramos o noso día grande, e preparamos unha programación para todas as idades para celebralo.

Actividades polo Día das Bibliotecas

 

DECORACIÓN DE ESPAZOS NA BIBLIOTECA

Para conmemorar o día, faremos unha decoración con diferentes elementos e frases de autores na biblioteca.

BIBLIOTECAS E LITERATURA

Guía de lectura e recunchos sobre mundo da literatura e as bibliotecas na sección de préstamo e xuvenil.
Na ebibliodacoruna faremos unha selección sobre a mesma temática e guía de lectura

VISITAS GUIADAS


Visita guiada Día das Bibliotecas. 24 de outubro 11:30 h. e 24 de outubro ás 18:00 h. 15 prazas.
Anotarse enviando correo a biblioteca.info@dacoruna.gal ou chamando ao 981 080 176 e deixando o nome e apelidos e un teléfono de contacto.
Punto de encontro: vestíbulo da Biblioteca 5 minutos antes do inicio da visita.

OBRADOIRO INFANTIL DÍA DA BIBLIOTECA

Para todos os soci@s

Prazas: 12

Idade: de 4 a 8 anos

Data: Venres 25 de Outubro

Horario: de 18:00 a 19:30 h No vestíbulo da biblioteca

Reserva de praza (1 nen@ agás irmáns) a partir do 22 de outubro chamando ao teléfono 981080174 en horario de 16:00 a 20:00 h. Cada nen@ estará acompañado de 1 persoa adulta.

VISITA Á BIBLIOTECA DE CENTROS EDUCATIVOS


No mes da biblioteca recibimos a visita de varios grupos da Universidade da Coruña que veñen a coñecer os tesouros da biblioteca. Se precisas unha visita para o teu centro educativo podes enviar un correo a biblioteca.info@dacoruna.gal
Día 22 de outubro ás 19:00 h
Día 29 de outubro ás 19:00 h.

ENCONTRO DIXITAL NO CLUB EBIBLIODACORUNA SOBRE KAFKA

Sala: Compartiendo Lecturas
Días: 3 oct 2024 - 24 oct 2024
Título: La Metamorfosis

Mércores 23 de outubro  ás 20:00 h no EbiblioDaCoruna Club Lector Encontro dixital de fin de lectura 

Encontro Kafka.png


"Durante el otoño de 1912, en Praga, escribió Franz Kafka (1883-1924) La metamorfosis, la peripecia subterránea y literal de Gregor Samsa, un viajante de comercio que al despertarse una mañana "de un sueño lleno de pesadillas se encontró en su cama convertido en un bicho enorme".

En pocos libros de Kafka queda tan explícito y tan nítido su mundo como en La metamorfosis, en la que el protagonista, convertido en bestia, sumido en la más absoluta incomunicación, se ve reducido cruelmente a la nada y arrastrado inexorablemente a la muerte.

Otros escritos de Kafka desarrollan rigurosas variaciones paralelas, desmenuzan inexorables pesadillas, asignan obsesiones enigmáticas a personajes desorientados y vencidos, pero tal vez sea La metamorfosis la narración que mejor expresa al "hombre primordial kafkiano".

De ahí que merezca la calificación unánime de obra perfecta y obra maestra, un texto decididamente superior en el panorama de la literatura universal del siglo XX.


Podes unirte ao Club aquí cando queiras se es socio ou socia da EbiblioDaCoruna aquí: https://ebiblioclub.dacoruna.gal/clubs/5c3ddf78b5c073c400760a29/contents/66fe49edcf9773cf1e33ab0f 

Se aínda non o es, podes darte de alta aquí:https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScS8LD8FNe_6k6s6rWp1K1-J0XJ8Us8A7Ju30fAsC9sA2ahrQ/viewform?pli=1 


Programa Día das bibliotecas 2024.jpg