FHN:Emprazamento persoas interesadas no recurso contra a lista de cualificacións proba de actitude á Secretaría
MINISTERIO PARA A TRANSFORMACIÓN DIXITAL
E DA FUNCIÓN PÚBLICA
Resolución do 8 de outubro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica, pola que se empraza ás persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 476/2024, interposto ante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Sétima.
"(...) recurso administrativo interposto contra a lista de cualificacións da proba de aptitude do proceso selectivo para o acceso, por promoción interna, á subescala de Secretaría, categoría superior, da Escala de funcionarios de administración local con habilitación nacional, publicada na sede do Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) o 6 de setembro de 2023.
O precitado recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 476/2024, tamén se interpón contra a Orde TDF/374/2024, do 23 de abril, pola que se nomea persoal funcionario de carreira da Escala de funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional, subescala Secretaría, categoría Superior, polo sistema de promoción interna (BOE/BOE do 27 de abril)."