Estás en:Novas

O Rallye Rías Altas achega esta fin de semana os mellores pilotos galegos a sete concellos da provincia co apoio da Deputación da Coruña

A proba de clásicos foi presentada esta mañá no Concello de Betanzos coa presenza do deputado de Deportes, Antonio Leira, e conta con 77 deportistas inscritos

O Rallye Rías Altas achega esta fin de semana os mellores pilotos galegos a sete concellos da provincia co apoio da Deputación da Coruña

O Rallye Rías Altas 2024 achegará esta fin de semana aos mellores pilotos galegos e doutras partes do Estado a sete municipios da provincia. A proba deportiva é puntuable para o Campionato de España de Rallyes de Vehículos Históricos e foi presentada esta mañá no Concello de Betanzos coa presencia do deputado de Deportes, Antonio Leira.

A Deputación da Coruña sufraga parte so soporte económico da realización do evento cunha achega de 15.000 euros que axudarán a que os e as afeccionados e afeccionadas do motor poidan gozar da condución dos 77 deportistas inscritos, moitos deles cun amplo palmarés.

A cerimonia de saída da proba celebrarase o venres 1 de novembro na Praza de María Pita da Coruña a partires das 18:00 horas. Xa o sábado 2 será cando as estradas de Betanzos, Monfero, Paderne, Irixoa, Bergondo, Miño e Coirós acollan os diferentes tramos da proba deportiva.