Estás en:Novas

Formoso agradece a “implicación e traballo” dos bombeiros provinciais que acoden a Valencia para paliar os efectos da DANA

Seis efectivos do Consorcio Provincial da Coruña mobilizáronse hoxe para colaborar nas tarefas de socorro e limpeza en Valencia

Nesta primeira dotación desprázanse bombeiros dos parques das Pontes, Betanzos e Carballo, estarán ata o 15 de novembro momento no que serán relevados por unha nova expedición de bombeiros provinciais

Formoso agradece a “implicación e traballo” dos bombeiros provinciais que acoden a Valencia para paliar os efectos da DANA

O Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña mobilizaba esta mañá a seis bombeiros cara á Comunidade Valenciana para sumarse aos traballos de socorro e limpeza que se están a levar acabo por mor da DANA.

O presidente da Deputación da Coruña e do Consorcio Provincial de bombeiros, Valentín González Formoso, agradecía "a implicación e o traballo dos bombeiros do Consorcio", que nos vindeiros días colaborarán nas tarefas de rescate e desescombro nas zonas máis afectadas pola catástrofe.

Esta primeira dotación permanecerá en Valencia ata o día 15 de novembro e será relevada por outro equipo que sairá o 14 de novembro. "Estes efectivos van contribuír á facer chegar á veciñanza afectada pola DINA a solidariedade da provincia. Esta actuación manterase no tempo grazas ao compromiso dos bombeiros provinciais", salientaba González Formoso.

Desprázanse nesta primeira dotación dous efectivos de tres parques, concretamente das Pontes, Betanzos e Carballo.