Estás en:Novas

Formoso participou en Dumbría na entrega dos premios do certame literario ‘Territorio Vákner’

O presidente provincial asistiu á entrega de premios do Certame Literario organizado en torno a esta mítica figura do Camiño a Fisterra

Formoso participou en Dumbría na entrega dos premios do certame literario ‘Territorio Vákner’

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, participou hoxe no acto de entrega de premios dunha nova edición do Certame Literario 'Territorio Vákner', organizado polo Concello de Dumbría e La Voz de Galicia.

Durante o acto, o presidente provincial quixo pór en valor a efervescencia cultural e patrimonial que se está a desenvolver a través das distintas iniciativas asociadas ao denominado como 'Territorio Vákner', un movemento iniciado hai un lustro polo Concello de Dumbría para recuperar a lenda do lobishome que asustaba aos peregrinos que facían o Camiño Fisterra-Muxía desde a Idade Media.

Formoso destacou Galicia é unha terra de lendas, moitas delas asociadas ao Camiño. Ambos os dous elementos conflúen en municipios como Dumbría, que amosou ser un exemplo de ausencia de conformismo e apostou por desenvolver unha simboloxía propia a través da recuperación e potenciación da figura do Vákner, que agora xa é "un elemento máis do Camiño".

A escritora e divulgadora Natalia Monje foi a gañadora na sección de adultos. No caso escolar, Nuria Quintela (primaria, colexio Manuela Rial de Cee) e Adriana González (secundaria, IES Rosalía de Castro de Santiago) obtiveron os respectivos primeiros premios.