Estás en:Novas
Autoras da provincia

Charo Cuba Penabad

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras 

Esta semana estamos no concello das Pontes para destacar o labor de Charo Cuba Penabad

Charo Cuba Penabad

Charo Cuba Penabad

Charo Cuba Penabad naceu no concello das Pontes, e durante a súa infancia emigrou canda seus pais a Francia. A súa estancia no país veciño marcouna fondamente e inspirou o seu libro A vinganza das raices cuadradas.

Trátase dun conxunto de dezaseis relatos ao redor da emigración cun fin solidario en favor da asociación Arraianas. Arraianas é unha asociación sen ánimo de lucro que traballa en prol da xustiza social e polo cumprimento dos dereitos humanos.

Todos os textos da vinganza das raíces cuadradas teñen como denominador común a emigración tanto de quen foron ás Américas como a Europa, pero tamén das persoas que viñeron e seguen vindo en busca dun futuro mellor, que é o que move o mundo desde que é mundo. Son historias de ficción, algunhas delas inspiradas en personaxes ou feitos reais, que contan ausencias, desarraigamentos, esgazaduras, perdas de identidade, fracasos e algún que outro éxito.

Obra

  • A vinganza das raíces cadradas. Medulia, 2023

Estes relatos teñen como denominador común a emigración: dos que se foron, ás Américas ou a Europa, pero tamén dos que viñeron e seguen vindo en busca dun futuro mellor, que é o que move o mundo desde que é mundo.

Son historias de ficción, algunhas delas inspiradas en personaxes ou feitos reais, que contan ausencias, desarraigamentos, esgazaduras, perdas de identidade, fracasos e algún que outro éxito.

IX Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia «Rosa de Cen Follas» categoría de narrativa por «Herdanza».

A autora nas redes