Estás en:Novas
25N: Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Puntadas que rachan estereotipos, Obradoiro de personalización de camisetas para a rapazada

O vindeiro 22 de novembro temos unha actividade para traballar sobre igualdade coa rapazada de 7 a 11 anos. Farémolo no obradoiro de personalización de camisetas "Puntadas que rachan estereotipos" entre as 18-19:30h.

Agardámosvos!

Puntadas que rachan estereotipos, Obradoiro de personalización de camisetas para a rapazada

Achégase o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e, un ano máis, estamos a preparar varias iniciativas para sumarnos a esta causa.

O vindeiro 22 de novembro temos unha actividade para traballar sobre igualdade coa rapazada de 7 a 11 anos. Farémolo no obradoiro "Puntadas que rachan estereotipos", onde personalizarán as súas camisetas, ao tempo que se traballa a igualdade. 

Para asistir é preciso anotarse a partir do 18 de novembro en horario de 10:30-13:30h e 17-20:15h, xa sexa a través do teléfono 981 080 171 ou de xeito presencial na Sala Xuvenil no mesmo horario.

Terán preferencia as persoas socias.

Para a actividade é preciso que as persoas asistentes traian unha camiseta preferiblemente branca ou de cor clara.