Concerto "VOCES DE MULLER-BLACK ACOUSTIC"
Na Biblioteca provincial:
- 29 de novembro ás 19:00 h.
- Entrada libre ata completar a capacidade
- Duración aproximada 50 minutos.
Non faltes!
Espectáculo musical no que se fará un percorrido narrativo e musical pola vida de numerosas artistas femininas que marcaron un antes e un despois no panorama musical.
Black achéganos á música Soul, a esa música de voces negras que alimentan a alma e a sensibilidade e que, a día de hoxe, só podemos oír, na súa maioría, en vellas gravacións. Unha experiencia para a alma.
Black é un proxecto musical coruñés que fai versións de grandes éxitos da música negra. En directo ofrece unha visión sensible e chea de detalles e anécdotas das últimas décadas da música negra, e do xeito no que as cancións nacen, se escriben e se interpretan, e tamén do xeito profundamente íntimo co que nos agasallan unha viaxe polas melodías do Soul.